Cantos Somos gaña no Entroido de Tui cunha recreación das festas de San Bartolomeu de 1978
A estrea de Aladdin de Pexegueiro gañou o premio en Carrozas, Cantos en Acompañamento Musical e Terra de Condes en Fantasía
A recreación das festas de San Bartolomeu do ano 1978 realizado pola comparsa Cantos Somos é a gañadora do desfile concurso de Entroido en Tui. Unha comparsa que levou tamén o primeiro premio en acompañamento musical pola súa emulación da orquestra Iberia. Amais as carrozas que presentaron coa igrexa, o palco e o cruceiro de San Bartolomeu, e outros elementos da parroquia, valeulles o terceiro premio en carrozas.
A estrea da película Aladdin foi o tema elixido pola comparsa da Asociación Entroido de Pexegueiro que foi a gañadora en carrozas coa súa creación dunha lámpada co xenio. Amais foron os segundos na categoría absoluta e tamén en acompañamento musical.
O terceiro premio na categoría xeral foi para “Picoña por España” da Asociación Cultural En Loureiro Coma Sempre de Salceda que gañou tamén o segundo premio en carrozas.
O premio na categoría de Fantasía foi Terra de Condes de Redondela cunha recreación inspirada no fondo mariño.
Miles de persoas ateigaron hoxe as rúas de Tui para presenciar o desfile concurso no que participaron finalmente un total de 12 comparsas.
Premios categoría absoluta
- Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da Charanga Cantos Somos
- Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación Entroido De Pexegueiro
- Picoña Por España da Asociación Cultural En Loureiro Como Sempre de Salceda
- O Cabaleiro Das Rotondas – As Dúas Torres da Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas
- Comparsa O Borralliño-Soutelo da Asociación Cultural Borralliño-Soutelo
- A Raíña Da Noite da Asociación O Millor de Cada Casa de Vincios
- Comparsa Terra de Condes da Asociación Comparsa Terra De Condes
Premios Carrozas
- Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación Entroido De Pexegueiro
- Picoña Por España da Asociación Cultural En Loureiro Como Sempre de Salceda
- Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da Charanga Cantos Somos
- A Raíña Da Noite da Asociación O Millor de Cada Casa de Vincios
- Comparsa O Borralliño-Soutelo da Asociación Cultural Borralliño-Soutelo
- Comparsa Terra De Condes da Asociación Comparsa Terra De Condes
Premios Acompañamento Musical
- Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da Charanga Cantos Somos
- Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación Entroido De Pexegueiro
- O Antigo Exipto De Tui (Os Faraóns De Tui) da Asociación Cultural Lembranzas Da Terra De Guillarei
- O Cabaleiro Das Rotondas – As Dúas Torres da Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas
Premios Comparsas Fantasía
- Comparsa Terra De Condes da Asociación Comparsa Terra De Condes