Magín Blanco con "A nena e o grilo máis aló"
Data:
15/02/2020
Lugar:
Teatro Municipal da Área Panorámica
O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 15 de febreiro, ás 18.30 h o espectáculo "A nena e o grilo máis aló" da man de Magín Blanco.
Sinopse: Maxia e música conducen á nena e ao grilo ao país dos mortos onde tentarán atopar a súa amiga a araña Xertudre, a quen esmagan sen querer, para traela de regreso. Unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas…
- Autores: Magín Blanco e Pepablo Patinho
- Director: Pepablo Patinho
- Escenografía:
- Música e son: Magín Blanco
- Iluminación: Ana Díaz
- Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas (Teatro Gazafelhos), Magín Blanco (guitarra e voz) e Cristian Legiero (teclado)
- Xénero: Espectáculo músico-teatral
- Clasificada:
- Recomendada: +3
- Duración: 60 minutos
- Idioma: Galego
As entradas poranse á venda unha semana antes na web www.culturatui.info até o sábado 15 ás 12 h e o mesmo sábado dende ás 17 h no despacho de billetes aos prezo de 4€ e 3 €.