Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Homenaxe á Associaçao Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença

Data: 
23/11/2019
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O Concello de Tui homenaxea o sábado, 23 de novembro de 2019, á Associação Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença ao cumprirse o centenario da súa creación.

Programa:

  • Ás 17.00 h na rúa Ourense, no tramo entre a rúa Colón e rúa Lugo, cun simulacro histórico por parte da propia Associação Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença no que os bombeiros irán ataviados co uniformes antigos e empregarán ferramentas e vehículos históricos.
  • Ás 17.30 h no Teatro Municipal de Tui desenvolverase o acto solemne aberto ao público en xeral.  
    • Intervirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Manuel Rodrigues Lopes, e o presidente da Associaçao Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença, Fernando Oliveira. A escritora Marga do Val dará lectura a un poema dedicado aos bombeiros, e contarase coa actuación musical da Banda de Música Popular de Tui.