Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Solicitude curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”

18/11/2019
Áreas: 
Igualdade

Solicitude de inscrición no curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas” 

Impartirase o sábado, 30 de novembro, de 10 a 14 h e de 17 a 20 h no pavillón do CEIP nº2 de Tui. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui. Será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita, pertencentes a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

As mulleres interesadas en realizar o curso deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de Tui.