Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Goberno municipal celebrará reunións nas parroquias para coñecer as necesidades de cada unha delas

31/10/2019

Os asistentes poderán plantexar as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos membros do equipo de goberno

O próximo luns comezan unha serie de reunións nas parroquias tudenses para tratar as necesidades de cada unha delas cos propios veciños.  As persoas que asistan poderán formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de goberno.  Así o informa o alcalde, Enrique Cabaleiro, nos bandos nos que da conta das catro primeiras reunións.

Así o luns, 4 de novembro, na Casa Cultura de Areas terá lugar a primeira das reunións. O martes, 5 de novembro, a cita será no Local do Sindicato de Malvas, o xoves 7 na Casa Cultural de Baldráns e o venres 8 na Casa Cultural de Rebordáns. Todas as reunións serán ás 20 h. 

Estas reunións continuarán nas próximas semanas nas distintas parroquias tudenses.