Muller Tui
O Concello de Tui conta cun Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado “Muller Tui”.
O programa integral Muller Tui ten por obxectivo brindar un servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico, pero tamén laboral e social a mulleres do Concello de Tui. Tamén busca impulsar a creación dunha rede de mulleres que, con acceso a estes recursos, sexan quen de mellorar a súa situación e proxecto vital e desenvolver a súa autonomía.
O programa está dirixido a mulleres tanto vítimas de violencia de xénero como a todas aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade: mulleres desempregadas, con baixa cualificación, con discapacidade, menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, migrantes, con responsabilidades familiares non compartidas, etc. e que precisen unha atención e asesoramento especializado. Respectará sempre a vontade das persoas usuarias e terá en conta os distintos perfís das mulleres participantes e en todo caso aplicando a perspectiva de xénero e a realidade posta de manifesto tras a emerxencia sanitaria derivada da Covid 19.
Amais do servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico o programa impartirá 9 obradoiro de formación durante o mes de agosto e o de setembro. Terán por obxecto mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e dotalas dos recursos necesarios para mellorar a súa participación social e laboral.
“MULLER TUI” é un programa integral para vitimas de violencia de xenero e mulleres vulnerables que nace dende a Concellería de Igualdade para brindar un servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico, pero tamen laboral e social a mulleres do Concello de Tui e para impulsar a creación dunha rede de mulleres que, con acceso a estes recursos, sexan quen de mellorar a súa situación e proxecto vital e desenvolver a súa autonomía.
Prestará servizo de asistencia psicolóxica:
- Atención psicolóxica.
- Realización de valoracións e orientacións psicolóxicas, así como a emisión dos informes que se consideren pertinentes.
- Intervención individual.
- Realización de informes psicolóxicos en aqueles supostos nos que sexan solicitados por organismos públicos.
- Colaboración na elaboración de memorias e documentos.
- Realización de prácticas de grupo e talleres de autoestima.
- Fomento do asociacionismo e a participación cidadá das mulleres e do colectivo LGTBI.
- Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e, no seu caso, ás fillas, fillos e persoas menores ao cargo da muller vítima.
- Atención específica a mulleres en situación de espacial vulnerabilidade co obxectivo de mellorar a súa situación persoal, social ou laboral.
- Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre homes e mulleres e da necesidade da consecución de igualdade de dereitos e de integración social da diversidade.
Tamén servizo de asesoramento xurídico:
- Consulta e asesoramento xurídico: tanto para mulleres en situación de violencia como de maneira preventiva, e en todas aquelas situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión
- Información sobre recursos municipais e supramunicipais.
- Facilitación do acceso á xustiza gratuita e intermediación cos/as profesionais designados/as que o precisen
- Derivación e xestión de trámites con outros organismos ou departamentos.
- Tramitación de axudas económicas, asistenciais e ás que se poida optar en xeral.
- Apoio e coordinación cos Servizos Sociais e Municipais na atención ás usuarias dende a perspectiva xurídica e de xénero.
- Organización/apoio na constitución e desenvolvemento da Mesa Local de coordinación Interinstitucional fronte a Violencia de Xénero e colaboración na posta en marcha de actividades dirixidas á erradicación da violencia e a desigualdade de xénero.
Os principios de actuación serán:
- Confidencialidade.
- Aplicación transversal da perspectiva de xénero nas distintas situacións expostas
- Fomento da autonomía na toma de decisións das usuarias, facilitando o coñecemento das vías legais, xurídicas e extraxudiciais das que dispoñen.
- Adaptación personalizada aos distintos perfis das usuarias.
O servizo completase coa impartición dun total de 9 obradoiro de formación orientados a mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e a dotalas dos recursos necesarios para mellorar a súa participación social e laboral:
- Martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h Obradoiro de autocoñecemento
- Venres, 14 de agosto, de 10 a 12 h Autocoidado e Empoderamento
- Venres, 21 de agosto, de 10 a 12 h Sexualidade
- Venres, 4 de setembro, de 10 a 12 Obradoiro "A actitude Multiplica"
- Venres, 11 de setembro, de 10 12 h Dereitos e recursos que asisten ás vítimas de Violencia de Xénero
- Venres, 18 de setembro, de 10 a 13 h Obradoiro Ideas de Negocio. Emprendemento
- Martes, 22 de setembro de 10 a 12 Mercado laboral oportunidade de emprego
- Xoves, 24 de setembro de 10 a 13 h Novas tecnoloxías na procura de emprego
- Venres 25 e martes 29 de setembro de 9 a 14 h Módulo de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
As mulleres interesadas poden solicitar este servizo e inscribirse nos obradoiros no correo muller@tui.gal e nos teléfonos 664 552 493 e 687 227 190.
O programa conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e é confinanciado pola Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e polo Concello de Tui.