Información de Interese
Centro de Afectados
1º Andar da casa do concello (* dende xaneiro de 2020)
Praza do Concello nº1
986 60 36 25
Horario de atención ao público: Luns, mércores e venres de 9 a 14 h
Experto en seguros
Os xoves, de 10 a 14h, un avogado experto en seguros asesora aos afectados no Centro de Afectados. É preciso que os afectados leven a póliza do seu seguro
Asesora fiscal
Os martes e xoves de 10 a 14h unha asesora fiscal atende no Centro de Afectados. Recoméndase levar a última declaración da Renda ou documentación dos ingresos actuais.
*Non estará nin o martes 14 nin o xoves 16 de agosto.
Listaxe de empresas construtoras e técnicos
No Centro de Afectados esta a elaborar unha listaxe con técnicos e empresas interesadas en realizar os labores de reconstrución e rehabilitación das edificación danadas pola explosión do pasado 23 de maio. As empresas interesadas en figurar na listaxe deben enviar un correo a urbanismo.afectados@concellotui.org onde figure o nome da empresa, persoa de contacto, enderezo, teléfono e correo electrónico, así coma unha pequena descrición dos traballos que realizan. A listaxe completa, que se irá actualizando diariamente, será facilitada aos afectados que o soliciten.
Por outra parte dende a xerencia urbanística da catástrofe solicitouse aos colexios oficiais de arquitectos e arquitectos técnicos unha listaxe dos seus colexiados interesados en realizar as memorias valoradas que precisan os afectados para a solicitude das subvencións. A relación destes técnicos será tamén proporcionada aos afectados que a soliciten.
Rexistro de Entrada
O rexistro de entrada da casa do concello de Tui abre de luns a venres no seu horario ordinario de 9 a 14h.
Conta solidaria
O número da conta solidaria cos afectados de Paramos e Guillarei aberta en ABANCA, a nome da Asociación de Afectados, o ES80 2080 5066 7330 4003 5840.