Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos” é o título da guía presentada editada polo Concello de Tui en torno ao 25N. Foi financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Maruxa Mallo.

A Guía foi elaborada co propósito de difundir os dereitos das mulleres así como recursos, programas específicos e servizos de información e de asistencia ás mulleres. Co mesma dase amais resposta á demanda de información detectada na elaboración do III Plan Municipal de Igualdade. Este publicación é unha ferramenta de apoio e consulta para as mulleres, sendo amais un material de apoio para as persoas que traballan no eido municipal ou da saúde, os servizos sociais, a educación, a seguridade ou ao emprego. A información da Guía é  útil para toda a cidadanía, aínda que as principais destinatarias sexan as mulleres.

Ao longo de 85 páxinas e 5 capítulos “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos” recolle os obxectivos do III Plan Municipal de Igualdade, e afonda nos dereitos laborais e de conciliación, os recursos e programas de emprendemento, e os enderezos e datos de interese.  

Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

Áreas: 
Igualdade