Formación en liña
Dende o departamento de Formación do Concello elaboraron esta listaxe de recursos de formación on line, que pode axudar a seguir medrando persoal e profesionalmente.
(Actualización abril 2021)
- Acción Laboral
- Acción Laboral ofrece formación gratuíta para persoas traballadoras por conta allea, autónomos e desempregados en moi diversos ámbitos. Novas tecnoloxías, servizos socioculturais, administración e xestión, comercio e márketing, edificación e obra civil, electricidade e electrónica, son algúnas da áreas que abarca a súa oferta formativa.
- ADECCO Formación
- ADECCO pon a dipor máis de 70 programas formativos.
- Aprender Gratis
- Plataforma que oferta cursos, titoriais e manuais de universidades que ofrecen os seus cursos en aberto e outros recursos da Administración.
- Recompila máis de 2000 cursos gratuítos.
- ASIME, Asociación de Empresarios do Metal de Galicia
- Asime, en colaboración coa Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae).
- Dirixidos a persoas ocupadas do sector do metal e para persoas en situación de desempregado.
- Formación 100% subvencionada e virtual.
- Aula 10 Formación
- Aula 10 CEntro de Formación presenta formación on line en diversos sectores. Trátase de cursos para os que non se precisan coñecementos específicos de formación, pódese ir ao propio ritmo, adaptados a calquera horario, e con titorización persoal.
- Aula Fácil
- Aula Fácil ofrece cursos gratuítos en idiomas, informática, internet, manualidades, autoaxuda, empresa, cociña, ciencia, arte e humanidades, aficcións, saúde, deporte, debuxo e puntura, docencia, decoración, beleza, bricolaxe, psicoloxía, seguridade e prevención, arquitectura, Primaria, Secundaria ESO, Bacharelato...
- Aula Mentor
- Aula Mentor é un programa de formación online non regrada, flexible e con titorización personalizada, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Oferta un extenso catálogo de cursos cos que ampliar as competencias persoais e profesionais. Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional, que conta coa colaboración doutras institucións públlicas e privadas nacionais e internacionais.
- O prezo dos cursos é de 24€/mes
- Até o 8 de abril ten aberta unha convocatoria gratuíta "Mentor en Aberto"
- Cibervoluntarios, Formación en competencias e axudas sobre tecnoloxías dixitais
- A fundación Cibervoluntarios ofrece axuda gratuíta on line sobre servizos, contidos ou ferramentas tecnolóxicas. Tamén achega acción gratuítas de ámbito tecnolóxico.
- Coursera
- Oferta cursos, especializacións, certificados, programas de titulación en liña
- Cursos 0.0
- Cursos 0.0 ofrece formación gratuíta de calidade para mellorar a vida persoal e profesional das persoas. A súa acción formativa vai dirixida tanto a persoas traballadoras coma en situación de desemprego. As áreas que abrangue van dende a Administración e Xestión, Comercio e Marketing, Hostalería e Turismo, Idiomas, Informática...
- Cursos en Aberto da UNED
- Cursos do OCW da UNED que non requieren matrícula, son de acceso libre, no esixen pagos e non teñen data nin de inicio nin de fin.
- Cursos FEMXA
- FEMXA oferta formación dirixida prinicipalmenbte a traballadores ocupados e autónomos. Os cursos están subvencionados ao 100% polo Ministerio de Traballo e Economía Social.
-
Máis información no teléfono gratuíto 900 100 957 e nocorreo electrónico atencionalumno@femxa.com
- DKA
- DKA ofrece máis de 250 cursos gratis online con certificado de participación de todos os sectores.
- Easy Work
- Plataforma de formación online de deseño industrial. Son formadores oficiais, certificados e distribuidores das ferramentas SolidWorks e DriveWorks.
- EDX
- Plataforma para a educación e a aprendizaxe fundada por Harvard e MIT.
- Oferta máis de 2.500 cursos en liña de 140 institucións
- Euroinnova
- Euroinnova formación achega unha ampla oferta formativa bonificada para traballadores ou desempregados coa que completar, actualizar ou incorporar novas competencias e habilidades profesionais ao CV.
- Fomento Profesional
- O grupo Fomento Profesional está dedicado á formación e ao desenvolvemento e execución de produtos e servizos formativos, dirixidos a mellorar a situación profesional e laboral das persoas. Oferta formación en Administración / Economía, aeroportos, agrario, informática, turismo, sanitaria…
- Foro de Formación
- Portal de formación on line gratuíta que oferta cursos por sectores de acitivdade para traballadores ocupados, en ERTE e autónomos.
- Fundae, Fundación Estatal para a Formación no Emprego
- Cursos gratuítos en competencias dixitais facilitados por grandes empresas tecnolóxicas
- GRI, Consultora de Recursos Humanos especializados en Programas Integrais de Empreego, Programas de Recolocación e Transición Profesional
- Cursos on line gratuítos subvecionados polo SEPE para traballadores en activo, ERTE ou ERE, e autónomos. No caso de non cubrirse as prazas polos colectivos anteriores poderían acceder persoas en situación de desemprego.
- Ofertan formación nos seguintes sectores: Administración e xestión; Comercio e Marketing; Finanzas e Seguros; Gran Distribución; Hostalería e Turismo; Metal; Sanidade; Servizos ás empresas; e Servizos Medioambientais
TELEFORMACIÓN PARA O SECTOR TURÍSTICO
- CSHG, Centro Superior de Hostalería de Galicia
- Formación en liña ofertada polo Centro Superior de Hostalería de Galicia. Lanza oito cursos para o sector en competencias de comunicación, xestión dixital e marketing.
NOVAS TECNOLOXÍAS
- Cibervoluntarios, Formación en competencias e axudas sobre tecnoloxías dixitais
- A fundación Cibervoluntarios ofrece axuda gratuíta on line sobre servizos, contidos ou ferramentas tecnolóxicas. Tamén achega acción gratuítas de ámbito tecnolóxico. Igualmente podes aportar os teus coñecementos facéndoche cibervoluntario
- SmartPeme
- Servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial dependente da Deputación de Pontevedra.
- Ofrece obradoiros en liña gratuítos con inscrición previa
MOCIDADE
- Plan de Formación de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia
Áreas:
Emprego