Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Emprega Tui - Foro de Emprego

O concello de Tui promove o Foro de Emprego Emprega Tui. 

I Foro emprega Tui

A primeira edición tivo lugar o 17 de setembro de 2019 na aula da Uned de Tui co obxectivo achegar a realidade do mercado laboral a todas aquelas persoas que se atopan en busca de emprego e que queiran coñecer da man de expertos en selección o seu grao de empregabilidade, atendendo aos perfís profesionais e habilidades persoais que estes requiren na selección de persoal de cada empresa.  

Contou coa presenza de varias empresas líderes no seu sector que achegaron a realidade laboral aos asistentes que terán a oportunidade de coñecer qué tipos de perfis son os que están a demandar e as esixencias claves para a súa cobertura. As empresas participantes foron: Quick Up, Adecco, Utingal, Alonarti, Star servicios e Grupo Marsan que presentarán nunha breve exposición a súa filosofía corporativa e como son os procesos de selección, co fin de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego. Tamén exporán as necesidades e requisitos das empresas á hora de realizar unha contratación e facilitarlle  ás persoas desempregadas claves que as axuden a superar con éxito os procesos de selección.

II Foro emprega Tui

Do 19 ao 21 de xaneiro celebrouse II Foro de Emprego Emprega Tui organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui en colaboración con distintas entidades e empresas. Desenvolveuse de forma presencial e virtual a través da ferramenta Zoom.

Xornada 1 - Martes, 19 de xaneiro de 2021:

09,30 – 09:45​h. Inauguración do II Foro de Emprego do Concello de Tui

  • Presentación do Foro a cargo de ANA Mª NÚÑEZ, Concelleira de Emprego, Formación, Igualdade e Xuventude, Comercio
  • Presentación do Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui 2019/2020 a cargo do personal técnico.

09,45 – 10,45 h. Webinario: “COMO AUMENTAR A MIÑA EMPREGABILIDADE” Por DANIEL DIEGUEZ. Este webinario axudará a que os participantes reflexionen sobre cómo está cambiando o mercado do emprego e coñecerán estratexias que poderían axudarlles a ter máis opcións de conseguir traballo.

10,45 – 11,00 h. Descanso

10,00 – 11,15 h. Empresa: PLAINTEC Por ROBERTO PARDO (Director xeral)

11,15 – 11,30 h. Empresa: COPLANT Por EMILIO ESTÉVEZ (Xerente)

11,30 – 11,45 h. Empresa: COPLEGAL Por JESÚS VAZ (Director xeral) 11,45 – 12,00 h. Empresa: UTINGAL Por JESÚS LÓPEZ (Xerente)

12,00 – 12,15 h. Empresa: ITCN Por JONATHAN RAMIRO (Director xeral)

12,15 – 12,30 h. Descanso

12,30 – 13,30 h. Webinario: “MINDSET PARA NOVOS TEMPOS: INSTALANDO O TEU ANTIVIRUS MENTAL” Por RAQUEL PEDROUSO. Os participantes coñecerán o Mindset como filosofía de crecemiento persoal e profesional, incorporando ao seu día a día mentalidades abertas apreciativas cara un mesmo e o entorno que nos rodea.

Xornada 2 - Mércores, 20 de xaneiro de 2021

09,35 – 10,30 h. Webinario: “DESCUBRE OS TEUS RECURSOS” Por RAQUEL RODRÍGUEZ. O Talante é a mezcla do talento e cómo decides actuar con él, é cómo facer a mellor xogada coas cartas que temos; é qué facemos coas nosas experiencias e cómo as utilizamos ao noso favor e non en contra; é afrontar a vida e non enfrentala.

10,30 – 10,45 h. Descanso

10,45 – 11,00 h. Empresa: LENDA Por CÉSAR LOPEZ (Director xeral)

11,00 – 11,15 h. Empresa: EULEN Por MARÍA SÁNCHEZ-HARGUINDEY (Xefa Selección de Persoal)

11,15 – 11,30 h. Empresa: DUATEL ORANGE Por JUAN CARLOS RODRÍGUEZ (CEO) 11,30 – 11,45 h. Empresa: VALVER Por JAVIER MALLO (Director xeral)

12,00 – 12,15 h. Empresa: NORTEMPO Por EDUARDO ADÁN (Director Comercial España y Portugal)

12,15 – 12,30 h. Descanso 12,30 – 13,30 h. Webinario: “SECTORES EMERXENTES PARA O EMPREGO E O AUTOEMPREGO” Por MARIO WEITZ. Economista, Profesor e Consultor. Foi Conselleiro Delegado do Fondo Monetario Internacional. Actualmente é Consultor do Banco Mundial e Profesor de Escolas de Negocios como ESIC e IESIDE.

Xornada 2 -Xoves, 21 de xaneiro de 2021

09,35 – 10,15 h. Webinario: “EMPRENDER EN TEMPOS DE ADVERSIDADE” Por ANABEL DÍAZ. IDAE CONSULTORES. Consellos a ter en conta á hora de emprender un negocio en momentos de adversidade coma os que vivimos actualmente. Estes consellos axudarán a dar os primeiros pasos do autoemprego con máis seguridade.
10,15 – 10,45 h. EXEMPLOS DE EMPRENDEMENTO EN TEMPOS DE ADVERSIDADE

  • VIONCAS BAKE, por VERÓNICA RODRÍGUEZ (Xerente)
  • A FADA DO ALOIA, por NATALIA LAGO (Xerente)

10,45 – 11,00 h. Descanso
11,00 – 11,30 h. Empresa: CENTRO COMERCIAL VIALIA ESTACION DE VIGO – CEETRUS ESPAÑA por DANIEL LORENZO (Dpto. Marketing, Comunicación, RSC e Innovación)

11,30 – 11,45 h. Empresa: KALEIDO IDEAS & LOGISTICS por ELENA RODRÍGUEZ DE ROBLES (Directora de Persoal)
11,45 – 12,30 h. Webinario: “PORTUGAL; UNHA PORTA AO EMPREGO” por ELISA GONZALEZ. EURES TRANSFRONTERIZO. EURES (Servizos de Emprego Europeos) é una rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membro que ten a función de facilitar información sobre oportunidades de emprego e condicións de vía e traballo no Espazo Económico Europeo
12,30 – 12,45 h. Descanso
12,45 – 13,30 h. Clausura das xornnadas.

  • Experiencias vivenciais: Algúns dos participantes contarán a súa experiencia no
  • Programa Integrado de Emprego.
  • Intervención de ANA Mª NÚÑEZ, Concelleira de Emprego, Formación, Igualdade e
  • Xuventude, Comercio e Mercado de Tui
  • Intervención de ENRIQUE CABALEIRO, Alcalde Do Concello de Tui.

Áreas: 
Emprego