Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Resumo axudas vivenda conservación e accesibilidade

07/04/2021
Áreas: 
Patrimonio e Conxunto Histórico

AXUDAS PARA CONSERVACIÓN, A MELLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E A ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS
PERSOAS BENEFICIARIAS
• Persoas físicas propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
• Comunidades de propietarios, e agrupacións de comunidades.
• Persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
• Actuacións de conservación:
▪ Conservación da cimentación, estrutura e instalacións.
▪ Conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluso desamiantado.
▪ Adecuación interior da vivenda ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene.
• Actuacións de seguridade de utilización e accesibilidade
▪ Instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade.
▪ Instalación ou dotación de produtos de apoio que permitan o acceso u uso por parte de persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio.
▪ Instalación de elementos de información ou de aviso (sinais luminosos ou sonoros)
▪ Instalación de dispositivos electrónicos de comunicación entre vivendas e exterior (vídeo porteiros ou análogos).
▪ Calquera que facilite a accesibilidade universal.

SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
▪ En formato papel: Portelo Rexistro Concello Tui.
▪ Vía electrónica (https://sede.xunta.gal), no procedemento VI422E.
• Prazo de solicitude: Ata o 22/04/2021,ou esgotamento de crédito.
• Prazo de xustificación: Ata o 30/11/2021.