Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa
06/08/2024
Áreas:
Urbanismo
Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa
O Pleno do Concello de Tui, en sesión extraordinaria urxente celebrada o 21 de xuño de 2024, previa estimación da alegación presentada no período de información pública, aprobou definitivamente a Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, procedéndose á publicación íntegra da referida ordenanza, en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.