Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria.

12/12/2022
Áreas: 
Medio Ambiente

Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria realizada o 29 de setembro de 2022, aprobou inicialmente a Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria.
Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 195, de data 11 de outubro de 2022, sen que se tiveran presentado reclamacións ou suxestións, elévase a definitivo o acordo ata entón provisional e, de conformidade
co art. 49 de Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, procédese á publicación definitiva do texto íntegro da ordenanza no BOPPO 234 do venres, 9 de decembro de 2022.