Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas, IAE

11/11/2014
Áreas: 
Comercio
Urbanismo

Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas, IAE

Publicada na páxina 13 do BOP do 19 de xaneiro de 2007

ARTIGO 1º De acordo co establecido nos artigos 59.b do RDL 02/2004 do 05.03 (T.R.L.R.F.L.) texto refundido lei reguladora de facendas locais e disposicións regulamentarias que as desenvolven, este imposto será de esixencia obrigatoria neste municipio, sendo as cotas mínimas as establecidas pola Lei 22/1993, do 20.12, de medidas fiscais…, e as sucesivas leis do orzamento xeral do estado.

ARTIGO 2º En aplicación do artigo 87 do RDL 2/2004 (T.R.L.R.F.L.) da Lei 39/88, as cotas ás que se refire o devandito artigo serán determinadas mediante aplicación sobre as mesmas dun coeficiente único do 0,8.

ARTIGO 3º.—EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS Bonificación do 40% durante os 5 primeiros anos, da cota tributaria integrada pola cota de tarifa modificada, no seu caso, pola aplicación do coeficiente e do índice de situación, para aqueles que inicien calquera actividade empresarial e tributen por cota mínima municipal, e sempre que a actividade económica non se exercera anteriormente baixo outra titularidade. Ídem. anterior, e que obtiveran a cualificación de ILE expedida pola Xunta de Galicia, a bonificación da cota tributaria será do 50%. Carácter rogado da bonificación, que se tramitará a petición de parte interesada ante este concello e cun prazo mínimo de 15 días antes do inicio da actividade. DISPOSICIÓN FINAL A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo que sinala o artigo 17 do RDL 2/2004 TRLRFL, dende o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Xestión delegada no O.R.A.L