LICITACION CONTRATACIÓN OBRA "ACONDICIONAMENTO E AMPLIACIÓN DE EDIFICACIÓN PARA USO DE COMEDOR ESCOLAR COLEXIO Nº 2 DE TUI"
Detalle licitación
			ANUNCIO 
			Licitación contratación obra "Acondicionamento e ampliación de edificación para uso de comedor escolar Colexio nº 2 de Tui”.
			Aprobada por Xunta de Goberno Local ,en sesión de 2 de febreiro 2016, o expediente de contratación da obra "Acondicionamento e ampliación de edificación para uso de comedor escolar Colexio nº 2 de Tui", por procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación, se expón ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de propostas.
			1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.
			2.- Obxecto do contrato: "Acondicionamento e ampliación de edificación para uso de comedor escolar Colexio nº 2 de Tui". CPV: 45262800-9
			3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
			a) Tramitación: Ordinaria. 
			b) Procedemento: Aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.
			4.- Prezo do contrato: Orzamento base: 82.526,50 €. IVE: 17.330,56 € . Orzamento total execución contrata: 99.857,06 €.
			5.- Prazo de execución: seis meses.
			6.-Garantías : Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE. 
			7.- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de TUI. Tfno: 986603625 - Fax:986604148. Data límite día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultar as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación na páxina web (www. concellotui.org).
			8.- Solvencia económica e financeira: Acreditarase pola cifra anual de negocios do licitador ou ben cifra anual de negocios no ámbiot ao que se refira o contrato, nos tres últimos ano e nos termos da cláusula 15A) do PCAP
			9.- Solvencia técnica e profesional: Acreditarase pola relación das obras executadas nos últimos 10 anos, nos termos da cláusula 15A) do PCAP. 
			O empresario poderá acreditar a solvencia económico-financeira mediante clasificación Grupo C, Subgrupo 2, Categoría 1.
			10.- Criterios de Adxudicación, cuantificables de forma automática:
			a) Oferta económica: Baixas ofertadas sobre o prezo total do contrato, ata un máximo de 50 puntos. 
			b) Valoración de melloras:
			- Redución do prazo de execución da obra, ata un máximo 26 puntos.
			- Incremento do prazo de garantía, ata un máximo de 24 puntos.
			11.- Presentación de ofertas:
			a) Data límite: 26 DÍAS NATURAIS a contar dende a publicación do anuncio de licitación no BOP e perfil do contratante (www.concellotui.org).
			b) Documentación a presentar: A que figura no PCAP.
			c).- Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de 9,00h a 14,00 h. de luns a venres. 
			Tui, 3 de febreiro de 2017
			O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.
 
 




