Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria sesión nº 5/2020 de pleno extraordinario do luns, 15 de xuño de 2020

10/06/2020

Convocatoria sesión nº 5/2020 de pleno extraordinario do luns, 15 de xuño de 2020   

Considerando que, se ben nos atopamos nun escenario de estado de alarma dende o pasado sábado día 14 de marzo, de conformidade co Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, é necesaria a convocatoria dun pleno extraordinario para a designación, mediante sorteo, por medios informáticos, dos membros das mesas electorais correspondentes ás Eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o vindeiro 12 de xullo de 2020 e aos efectos de cumprimento do recollido no Decreto 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia así como Calendario publicado aos citados efectos.

Considerando que a celebración do pleno debe realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que, con carácter excepcional, a presente sesión plenaria se deberá celebrar a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia.

Se fai notar que se realizará unha nova distribución dos concelleiros permitindo a debida separación entre eles, que se porá a disposición dos mesmos para o seu uso de mascarillas e guantes, e que os concelleiros deberán ter en conta as recomendacións sanitarias a seguir establecidas na guía de “Buenas prácticas en los centros de trabajo por el COVID-19 (actualización 11/04/2020)” e protocolo de Medidas Preventivas Coronavirus Covid-19 remitido polo servizo de vixilancia da saúde deste concello.

Polo exposto, esta Alcaldía, ao abeiro da DA 3ª do RD 463/2020, de 14 de marzo, e de acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais,

RESOLVE:

PRIMEIRO.-Convocar Sesión Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o vindeiro luns día 15 de xuño ás 09:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:

1º.- Toma de razón de escrito de renuncia do concelleiro Juan Miguel Diz Guedes (RE2020-E-RC-3151) do 01/06/2020, e que se remita á Xunta Electoral Central para a remisión da credencial do correspondente concelleiro electo de lista que corresponda ( Maria del Pilar Besada Barahona).

2º.- Designación, mediante sorteo, dos membros da mesas electorais correspondentes ás Eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o vindeiro 12 de xullo de 2020. Proposta de Alcaldía de data 10/06/2020.

SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso."