Convocatoria de subvención para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos de Tui 2026
Convocatoria de subvención para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos de Tui 2026.
Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións, destinadas a promover actividades levadas a cabo no exercicio 2026 polas Asociaciónsde Nais e Pais (ANPAs) existentes nos centros educativos do Concello de Tui.
Poderán optar a estas subvencións as ANPAs que cumpran tanto os requisitos xerais como os específicos da convocatoria.
Os gastos obxecto de subvención deberán efectuarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de2026 e o 31 de decembro de 2026.
O importe da consignación ascende a un total de 21.400,00 €.
O prazo de presentación de solicitudes será do 27 de agosto ás 00 h até o 10 de setembro ás 23.59 h.




