Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bases Reguladoras do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia “Reactiva Tui”

09/06/2020
Áreas: 
Comercio

Bases Reguladoras do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia “Reactiva Tui” e anexos publicadas no BOPPO nº109 do martes, 9 de xuño de 2020. 

O Pleno da Corporación deste concello, en sesión de data 28 de maio do 2020, aprobou as “Bases Reguladoras do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia “Reactiva Tui” dirixidas ao mantemento do Tecido Empresarial Municipal” e anexos, expoñéndose as mesmas no Boletín Oficial da Provincia (09062020), no Taboleiro de Anuncios do Concello, así como na páxina web do Concello de Tui (www.tui.gal).

O extracto da convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, cuxa publicación iniciará o prazo de presentación de solicitudes a partir do primeiro día hábil seguinte.