Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bases Concurso Escolar de debuxo posta de Nadal 2020

16/11/2020
Áreas: 
Cultura

A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca un concurso infantil de postais de felicitación de Nadal coa finalidade de escoller a felicitación oficial do Concello de Tui e, paralelamente, fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal.

Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados. Cada participante presentará un único traballo.

O prazo de presentación de obras finalizará o día 26 de novembro de 2020 ás catorce horas.