Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bando Espectáculo Pirotécnico de San Telmo 2023

03/04/2023
Áreas: 
Alcaldía

BANDO

ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO FESTAS DE SAN TELMO 2023

O concello de Tui ven celebrando dende hai anos un espectáculo pirotécnico de fogos artificiais como colofón dos actos das festas patronais na honra a San Temo. Este espectáculo realizarase nunha zona dos xardíns de Rosendo Troncoso, e terá lugar o luns día 17 de abril de 2023 ás 23:30h cunha duración prevista de 15 min.

Debido a que esta festa de San Telmo está declarada como festa de interese turístico de Galicia, este espectáculo pirotécnico é contemplado todos os anos por multitude de persoas que se distribúen, principalmente, dende a praza do monumento ao Cabalo Salvaxe, ata as rúas Antero Rubín e Canónigo Valiño e ao longo do paseo Irmáns Álvarez Blázquez.

Neste senso, o concello de Tui como organizador do evento, pon en coñecemento da veciñanza e do público en xeral, en especial aos titulares de vivendas e elementos arquitectónicos con valor artístico, histórico e social, e residentes nos lugares indicados, que ao longo do citado día haberá restricións de tráfico no ámbito da zona de seguridade de tirada dos fogos, e avisa da presenza das dotacións de Policía Local, voluntarios da Agrupación local de Protección Civil con motobomba e de ambulancia para atender calquera incidencia que se poida producir.

Así mesmo, solicitamos ao público asistente ao espectáculo pirotécnico a máxima prudencia e atención ás indicacións de seguridade no transcurso do mesmo para evitar danos ás persoas e bens.

 

En Tui, na data que se sinala á marxe.

O Sr. Alcalde en funcións, Rafael Estévez Martínez