Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mercado Semanal

Cada xoves, Tui acolle o seu Mercado Semanal, un punto de encontro no que se pode atopar unha gran variedade de produtos: roupa, calzado, complementos, alimentación, produtos da horta, flores e moito máis.

Dende xuño de 2020, o mercado celébrase na rúa Mártires de Sobredo e na contorna da antiga fábrica de CamFran.

O mercado semanal dos xoves en Tui conta cunha longa tradición. Ao longo dos anos foi cambiando de emprazamento, até a localización actual.  

En xaneiro de 2023 solicitaron a renovación da súa licencia un total de 128 vendedores e vendedoras, dos cales 27 pertencen ao sector da alimentación.

Mercado Semanal

  • Data: Xoves de 9 a 14 h 
  • Ubicación: Mártires de Sobredo (ver mapa)
  • Máis información: 986 60 36 25

Os vendedores ambulantes deben renovar anualmente a concesión de acordo cos requisitos establecidos na ordenanza reguladora e estando ao día no pago das taxas establecidas. 

Solicitude de Autorización, Cambio de Titularidade ou Renovación de Postos Ambulantes 2025

Áreas: 
Comercio