Cursos de Dixitalización Aplicada
O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, en Guillarei, vai acoller un curso de "Dixitalización Aplicada". Haberá varias quendas, en horario de mañá e tarde, entre os meses de xuño e novembro. As clases serán de luns a venres de 9.30 a 13.30 h para os grupos de mañá, e de 16 a 19 h para os da quenda de tarde.
Ao longo de 30 horas lectivas as persoas participantes aprenderán Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais, Información e Alfabetización Dixital, Comunicación e Colaboración en liña. Creación de Contidos Dixitais, Seguridade na rede, e Resolución de Problemas.
A participación é gratuíta e as prazas son limitadas.
Esta actuación está financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Pódese acadar máis información no 670 24 56 33, no 608 84 40 58 ou no 986 60 39 49.
As persoas que desexen participar no curso deben cubrir o seguinte formulario: