Encontros deportivos 8 e 9 de febreiro de 2020
Encontros deportivos 8 e 9 de febreiro de 2020
Bases Reguladoras do Concurso anunciador das Festas de San Telmo 2020
Praza de presentación até o venres 20 de febreiro ás 14 h.
Anuncio resolución contratación laboral temporal a tempo parcial profesor de óboe Brais Troncoso Fuentes
Realizado o proceso selectivo o luns día 02/03/2020, a secretaria do tribunal facilitou certificado coas puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de 3 días para a presentación de alegacións, prazo que remata o vindeiro venres día 06/03/2020.
Transcorrido dito prazo sen a presentación de alegacións as puntuacións provisionais entenderanse definitivas.
Resultados probas proceso selectivo auxiliares policia local, os aspirantes dipoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións as puntuacións provisionais o prazo finaliza o vindeiro mercores 04/03/2020
Encontros deportivos 15 e 16 de febreiro de 2020
Bando exposición do Censo Electoral para as elección ao Parlamento de Galicia do 5/04/2020
Solicitude de inscrición en “Coidand@-me” o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes que se vai impartir en Tui grazas á colaboración entre o Concello de Tui, a través da Concellería de Servizos Sociais, e AFAGA.
As persoas interesadas pódense inscribirse no departamento de Servizos Sociais na casa do concello até o martes 3 de marzo. Poden solicitar máis información no 986 60 36 25 ext. 54 ou no 986 22 97 97.
O programa comezará o luns 9 de marzo. Celebrarase os luns de 11 a 12.30 h no Centro Sociocomunitario. Ao longo de doce sesións abordarase a parte emocional, a toma de decisións, o coñecemento dos recursos… O obxectivo é brindar as persoas coidadoras as ferramentas para prestar un mellor coidado aos seus familiares pero ao mesmo tempo para coidarse a sí mesmas.
Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui publicadas no BOPPO o martes, 18 de febreiro de 2020.
O prazo para solicitar as axudas será de 3 meses a contar dende o 19 de febreiro ata o 19 de maio de 2020.
Encontros deportivos 22 e 23 de febreiro de 2020
O concello de Tui ten aberto proceso selectivo para a formación de lista de reserva de arquitecto técnico, mediante resolución da concellería delegada de persoal de data 03/03/2020 se rectificaron as bases para incluir o pago da taxa por ser obrigatorio segundo ordenanza fiscal do concello de Tui.
Polo anterior procede a ampliarse o prazo de presentación de instancias ata o vindeiro día 13/03/2020.
Para o pago da taxa de importe 15,34€, poden consultar a resolución rectificativa
Anuncio resolución nomeamento persoal técnico Programa Integrado de Emprego 2019-2020
A corporación municipal de Tui celebra o luns, 9 de marzo, ás 9 h pleno de carácter extraordinario, o nº2/2020, coa seguinte orde do día:
Asunto único.- Designación, mediante sorteo, dos membros das mesas electorais correspondentes ás Eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o 5 de abril de 2020. Proposta de Alcaldía de data 3 de marzo de 2020.
Encontros deportivos 7 e 8 de marzo de 2020
Solicitude de permiso para a instalación de postos/atraccións durante as festas de San Telmo 2020.
Até o 17 de marzo ás 14 pódense presentar por rexistro de entrada no Concello as solicitudes de permiso para a instalación de postos/atraccións durante as festas de San Telmo que se van celebrar do 11 ao 20 de abril de 2020.
As persoas interesadas deben presentar o modelo de solicitude xunto coa documentación requirida.
Resumo Boletins do 23 ao 29 de marzo de 2020