Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube
  • BECA A DEPORTISTAS TUDENSES DE ALTO NIVEL 2016 MEMORIA ECONÓMICA

    10/03/2017
  • BECA A DEPORTISTAS TUDENSES DE ALTO NIVEL 2016 CONTA XUSTIFICATIVA

    10/03/2017
  • Listaxe Escola Deportiva Patinaxe 2016

    21/03/2017

    Faise pública a listaxe de admitidos na escola deportiva de patinaxe e as quendas nas que participarán no ano 2016

  • Condicións Xerais e solicitude Campamento Urbano Verán 2017

    31/05/2017

    A Concellería de Deportes do Concello de Tui realizará durante o mes de xullo e o mes de agosto os Campamentos de Verán Tui 2017. Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio do campamento). O desenrolo dos Campamentos de Verán levaranse a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello. Amais, co desenrolo destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral.

    A primeira quenda desenrolarase dende o día 10 ata o 24 de xullo. A segunda quenda desenrolarase dende o día 26 de xullo ata o 9 de agosto.

  • Listaxe admitidos Campamento Urbano Tui 2017

    16/06/2017

    Ata o xoves 22 de xuño teñen os admitidos nalgunha das dúas quendas do Campamento Urbano de Verán para efectuar o pagamento dos 30,56€ correspondentes a cada quenda. Os participantes na primeira quenda deben estar o 10 de xullo ás 9h no pavillón municipal, e os da segunda quenda o 26 de xullo á 9h no mesmo pavillón.  Este non haberá nin aula matinal nin de sobremesa. A recepción dos participantes farase cada día a partir das 8.45h.

  • LICITACIÓN EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERíA DO CENTRO INTERFEDERADO DE TUI

    22/06/2017

    ANUNCIO

    Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 22 de xuño 2017 o expediente de contratación da explotación de cafetería do Centro Interfederado de Tui, por procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación e tramitación urxente, exponse ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de proposicións.

    1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.

    2.- Obxecto do contrato: 
    Explotación Ccafetería do Centro Interfederado de Tui. CPV: 55000000-0

    3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
    a) Tramitación: Urxente.
    b) Procedemento: Aberto. 
    c) Criterio de Adxudicación: prezo á alza sobre o importe sinalado como canon anual de explotación a satisfacer á administración.

    4.- Cánon de explotación:
    4.744,80 euros/ano (IVE incluído) ( mínimo, sen prexuízo ofertas á alza). 

    5.- Duración do contrato: 
    2 anos (prórroga anual ata un máximo de 4 anos, incluídas as prórrogas que se subscriban). 

    6.-Garantías : Definitiva: 
    5% do importe de adxudicación, excluído IVE. 

    7.- Obtención de documentación e información: 
    Durante o prazo de presentación os pregos poderán ser examinados e retirar copia dos mesmos no departamento de Secretaría-Servizo de Contratación, en horario de 9,00 a 14,00 h. Tfono: 986603625.- Fax:986604148. Data límite día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultar as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación no Perfil do Contratante da páxina web (www.concellotui.org). 

    8.- Solvencia económica e financeira:
    Exento, conforme artigo 11.5 R.D. 1098/2001.

    9.- Solvencia técnica e profesional:
    Acreditación conforme á cláusula 10ª do PCAP.

    10.- Presentación de ofertas:

    a).- Data límite: 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP de Pontevedra e no perfil do contratante (www.concellotui.org), en dous sobres pechados e conforme establece o prego de cláusulas administrativas.

    b).- Documentación a presentar: A que figura no PCAP.

    c).- Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de apertura ao público, ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PAC. 

    Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.

    Documento asinado dixitalmente.

  • Impreso inscrición Escolas Deportivas da Deputación 2017/18

    20/09/2017

    Ata o venres, 29 de setembro, está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de piragüismo, patinaxe, balonmán e fútbol que haberá esta temporada en Tui dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas. Os interesados teñen que entregar cumprimentada a folla de inscrición na secretaría do Concello de Tui, a través dos clubs deportivos Club Balonmán Tui, CD Ribadelouro, Club Kaiak Tudense e Club Piragüismo Penedo, a través do enderezo electrónico deportes@depo.es ou en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do  ORAL.

    Toda a información e o impreso de inscrición pode atoparse na web da Deputación

  • Listaxe de inscritos nas Escolas Deportivas de Patinaxe 2017/18

    3/10/2017

    Dentro das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra Tui contará un ano máis cunha escola de patinaxe.  Realizarase os luns no pavillón do CEIP de Rebordáns de 16.30 horas a 20.30 horas, en catro grupos divididos polo nivel dos participantes. Esta actividades será impartida este ano por monitores da Federación Galega de Patinaxe. Recóllese o listado de participantes admitidos nesta escola. 

  • Contratación do Servizo de Campamentos de Verán 2017

    7/07/2017

    Resolución adxudicación contrato de data 06/07/2017 que se incorpora no apartado de documentos deste contrato.

  • Declaración Descenso do Miño Festa de Interese Turístico

    8/11/2017

    RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de outubro de 2017, polo que se declara festas de interese turístico de Galicia o Descenso Internacional do Miño.

    «Declarar festas de interese turístico de Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, as seguintes:
    – Descenso Internacional do Miño (Pontevedra).

  • Campamento de Verán 2018 - Solicitude de inscrición

    27/06/2018

    Solicitude de inscrición do do campamento de verán do Concello de Tui a celebrar na segunda quincena de xullo e na primeira quincena de agosto de 2018

  • Campamento de Verán 2018 - Condicións xerais

    27/06/2018

    Condicións xerais do campamento de verán do Concello de Tui a celebrar na segunda quincena de xullo e na primeira quincena de agosto de 2018

  • Listaxe admitidos campamentos de verán 2018

    5/07/2018

    Listaxe de admitidos no campamento de verán 2018

  • BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE BECAS A DEPORTISTAS TUDENSES 2018

    15/11/2018

    Bases reguladoras e impreso para a concesión de becas a deportistas tudenses 2018

  • Resolución DECRETO 2018-1396 20181205 Resolucion Listado Provisional Becas Deportistas 2018

    7/12/2018

    Resolución DECRETO 2018-1396 20181205 Resolución Listado Provisional Becas Deportistas Tudenses 2018

  • Programación Festas de San Telmo 2019

    12/04/2019

    Programación Festas de San Telmo 2019

Páxinas