Axuda a Ucraína

Diante do desastre humanitario que significa o éxodo masivo de cidadáns ucraínos fuxindo da guerra e a destrución provocadas pola invasión rusa do seu país, o Concello de Tui coordina dende a institución municipal a axuda local á poboación ucraína.
A continuación está dispoñible un formulario para a cidadanía poida ofrecer vivenda, tempo, material, emprego,...
O formulario pódese cubrir en liña no seguinte enlace ou descargar o documento en pdf, cubrir os datos e envialo por correo a axudaucraina@tui.gal.
Tamén se pode presentar presencialmente
- No Centro Sociomunitario de Tui. Colón, 10.
- No Centro Municipal de Formación e Emprego. Alvelos 1, Guillarei.
- Nos Servizos Sociais Comunitarios Municipais na Casa do Concello. Praza do Concello 1
Formulario Axuda a Ucraína PDF - FORMULARIO EN LIÑA
O acollemento de persoas de Ucraína desprazadas centralízase dende a páxina web da Mancomunidade do Baixo Miño.