Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XXV Feira de Artesanía

Data: 
13/05/2023
Lugar: 
Rúa Ordóñez e Praza de San Fernando

A rúa Ordóñez e a praza de San Fernando albergarán esta fin de semana a Feira de Artesanía de Tui que acada a súa vixésimo quinta edición. Nestes dous espazos do conxunto histórico situaranse os postos de artesanía e de gastronomía que abrirán tanto o sábado coma o domingo de 12 a 21 h.  Contará con actuacións musicais e este ano dende o Concello de Tui realízase unha forte aposta polas obradoiros artesáns para o público en xeral que terán lugar nas dúas xornadas. 

Os postos de artesáns e artesás con carta de Artesanía de Galicia estarán ubicados na rúa Ordóñez. Alí poderanse atopar pezas de marroquinería, téxtil, cerámica, instrumentos musicais, complementos e decoración, xoiería, bixutería, encaixe de bolillos, xoguetería ou calzado. Nesta mesma rúa estará a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño realizando encaixes durante a fin de semana e amosando as súas creacións. Mentres na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira, haberá unha exposición de traxes tradicionais a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.

Na praza de San Fernando amais de coa artesanía a cita será tamén coa gastronomía a través dos postos de produtos de alimentación de proximidade e quilómetro cero.  Alí poderase degustar e mercar produtos como castañas, aceites, galletas, ou cogomelos. 
 

Obradoiros

O público poderá participar tanto o sábado coma o domingo nos obradoiros artesanais previstos previa inscrición na Oficina de Turismo, no Whatsapp 677 41 84 05 ou no correo electrónico turismo@tui.gal.

  • Cucapuntoes
    • Na rúa Ordóñez. 
    • 10 prazas por taller.  Maiores de 12 anos. U
    • Sábado de 12 a 14h: Confección dunha bolsa de labores a crochet
    • Sábado de 17 a 20 h: Elaboración  dun corazón de gancho
    • Domingo de 12 a 14 h: Bote de cristal 
  • O obradoiro de olería tradicional con torno de pé Alén das olas
    • Na praza de San Fernando
    • 15 prazas.  Maiores de 8 anos
    • Sábado de 12 a 14 h e de 17 a 20 h
  • Miudiño
    • Obradoiros de bolas de lá natural de ovella e de decoración de bolas de lá natural.
    • Na Praza de San Fernando
    • 15 prazas. Maiores de 10 anos. 
    • Domingo de 11.30 h a 14.30 h e de 17 h a 20 h,. 
  • Obradoiros de marroquinería a cargo de Lucía Casado.
    • Hai dez prazas por obradoiro para persoas maiores de 10 anos. 
    • Domingo
      • de 17 a 18.30 h Elabroación dunha pulseira de coiro
      • de 18.30 a 20 h realización dun marcapáxinas

Actuacións Musicais

  • Sábado 
    • ás 12h actuación da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns
    • ás 18 h actuará a Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro.
  • Domingo
    • ás 13 h haberá actuación musical
    • ás 18 h tocará a Asociación Cultural Seixos Albos de Areas.