XXIV Feira do Libro Galego

Data:
17/05/2023
Lugar:
Paseo da Corredoira
Celebramos o Día das Letras Galegas coa XXIV Feira do Libro Galego no Paseo da Corredoira o mércores 17 de maio coa participación das librarías Iris e Nobel. Pero amais haberá actividades de animación ao longo do día:
- 11.30 h lectura do pregón a cargo de Beatriz de Saracho
- Sinatura de libros por escritores e escritoras locais
- 12.00 h Títeres Viravolta representa "A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón"
- 18.30 h O Mago Samuel Moreno presenta o espectáculo "A maxia nas letras"
- Actuación da Banda de Gaitas "A Insua" de Caldelas.
A XXIV Feira do Libro Galego forma parte da programación de "Tui en Letras".