Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XXIII Feira do Libro Galego

Data: 
21/05/2022
Lugar: 
Paseo da Corredoira

O sábado, 21 de maio, no Paseo da Corredoira vaise celebrar a  XXIII Feira do Libro Galego. 
 

Haberá 12 postos das librarías tudenses Espazo Lector Nobel e Iris.

Será  inaugurada ás 11,30 horas pola escritora Sonia Mirón, autora de novelas especialmente dirixidas ao público xuvenil é licenciada en Filoloxía Hispánica e profesora de lingua e literatura no ensino medio e titora da Uned, xunto as súas obras literarios colabora como columnista na prensa e autora de reportaxes en diversos medios de comunicación.

Ás 12,30 h. comezan as actividades con Teatro Ghazafelhos e a súa obra “A máquina do tempo” unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía, Pepablo Patinho e MontsePiñón, farán un percorrido pola historia a través de dúas chamativas personaxes:  A doutora Mon e o seu axudante Pe. 

Continua a programación de actividades ás 18,30 h.  con Bea Campos que porá en escena a obra “Os tres porquiños”, espectáculo teatral para os máis pequenos e pequenas con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo.

A programación de actividades rematará ás 21,30 h. co Concerto das letras galegas a cargo da Banda de Música Popular de Tui, Banda de Gaitas e Grupo de Baile “Lembranzas da Terra” de Guillarei.

Ao longo da xornada diversos autores asinarán ás súas obras: Sonia Mirón (n ás 11,45), Ernesto Iglesias Almeida (ás 12,30 horas), Francisco Álvarez “Koki” (ás 19,30 h.)

XXIII FEIRA DO LIBRO GALEGO 

Sábado, 21 de maio, no Paseo da Corredoira

12 postos das librarías Espazo Lector Nobel e Iris

  • Ás 11.30 h Inauguración e pregón coa escritora Sonia Mirón
  • Sinatura de libros por Sonia Mirón, Ernesto Iglesias Almeida e Francisco Álvarez Koki
  • Ás 12.30 h Teatro Ghazafelhos coa obra “A máquina do tempo” 
  • Ás 18.30 h "Os tres porquiños" con Bea Campos
  • Ás 21.30 h. co Concerto das letras galegas a cargo da Banda de Música Popular de Tui, Banda de Gaitas e Grupo de Baile “Lembranzas da Terra” de Guillarei.