XVIII Noite Internacional do Miño

Data:
25/07/2017
Lugar:
Parque do Laxal, Rebordáns
O Parque do Laxal en Rebordáns acolle o martes, 25 de xullo, ás 21.30h a XVIII Noite Internacional do Miño. O folclore de Xeorxia, Letonia, Kenia e México será o protagonista este ano na Noite Internacional do Miño, un evento que organiza a Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns. Unha cita xa consolidada no calendario estival que recibe cada ano o aplauso de centos de persoas.