Xornada informativa no Mercado de San Antonio

O xoves 30 de outubro, ás 20 h, haberá unha xornada informativa no Mercado de San Antonio ante a próxima licitación dos espazos que están dispoñibles actualmente. Se trata dos postos destinados a panadería, froitería, alimentación (salgado/conxelado), carnicería e elaborados, i espazo gastronómico.
Para dar a coñecer as características destes espazos, o proceso e as condicións para optar a eles a concellería de Comercio e Mercados do Concello de Tui organiza para este xoves, 30 de outubro, ás 20.00 h unha xornada informativa na que descubrir as novas oportunidades para emprender en Tui. A cita vai dirixida a persoas interesadas en poñer en marcha novos proxectos no Mercado Municipal de San Antonio.
Tras visitar os postos as persoas participantes compartirán, no propio Mercado, un viño para así poder intercambiar información, solucionar dúbidas, favorecer o diálogo e crear sinerxías dun xeito máis próximo e distendido.




