Xornada de negocios: Mulleres Conectadas

Data:
31/03/2023
Lugar:
Aula da UNED
O venres, 31 de marzo, celebrarase na Aula da UNED de Tui a xornada de negocios ‘Mulleres Conectadas’. O obxectivo da mesma é crear novas oportunidades de negocio e colaboracións de éxito entre as mulleres empresarias, emprendedoras e directivas de Tui e arredores.
O programa previsto é o seguinte:
- 9.30 h Café Benvida - Networking. Recepción participantes e entrega de credenciais
- 10.00 h Presentación da xornada
- 10.15 h Presentación das persoas asistentes. Que me contas?
- 10.45 h Actividade de networking: Four by four
- 11.15 h Presentación de empresas
- 11.30 h Café Networking
- 12.00 h Actividade de networking: Six Together
- 12.30 h Presentación de empresas
- 12.50 h Actividade de networking: Business Meeting
- 13.30 h Axendas personalizadas. A quen che interesa coñecer?
- 14.00 h Xantar. Networking
As inscricións están abertas xa enviando o formulario que figura a continuación a info@qonekt.com. A participación é gratuíta.
Ás 14 h as mulleres e empresas que o desexen compartirán un xantar no restaurante Época para o que deben confirmar previamente a súa asistencia. Terá un prezo de 14€.