XIV Semana de Teatro Amador
Data:
1/04/2024
Lugar:
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez
O Teatro Municipal de Tui acolle do luns 1 ao venres 5 de abril a XIV Semana de Teatro Amador.
Nesta XIV Semana de Teatro Amador de 2024 participan a CAI do Espazo Xove, Chirlomirlo de Randufe, Aloia de Pazos de Reis, San Fins de Rebordáns e A Insua de Caldelas, que estrearán aquí as súas novas montaxes.
Venda de entradas
As entradas están á venda en tui.gal ao prezo de 2€ até o día da función ás 18 h. Resérvase unha porcentaxe para a venda no despacho de billetes o día da función dende unha hora antes.
Luns 1 ás 20 h CAI con "Efecto Rabaño"
- Dirección: Laura Villaverde
- Elenco: Sabela Martínez Villaverde, Celia Bugarín Brocos, Candela García Martínez, Lucía Piñeiro Benavides, Eugenia Seoane Urceira, Ilán Munro Espinosa e Eva Afonso Ribeiro
- Duración: 30 minutos
- Sinopse:"Efecto Rabaño" é unha acción escénica contemporánea que nos mergulla no caótico mundo interior dun grupo de adolescentes mentres loitan contra o control parental, exploran a súa identidade a través da lectura e da música, e enfrontan os conflitos existenciais propios da xuventude.
Martes 2 ás 21 h Chirlomirlo de Randufe con "Don Juan"
- Dirección: Areta Bolado
- Elenco:Pilar Álvarez Aballe, Jose Amancio Muíños González, Pablo Alfaya Pérez, Noelia Solla Diz, Alba Martínez Domínguez, Alberto Sánchez Murias, Graciela González Patricio, Juan Carlos López Pazo e Manuel Diz González.
- Duración: 70 minutos
- Sinopse: A obra escrita por Mamuel Diz González é unha adaptación ao século XXI do clásico de José Zorrilla.
Mércores 3 ás 21 h Aloia de Pazos de Reis con "Proceso pola sombra dun burro"
- Dirección: Bego Bras
- Elenco: Estela Rey, Eva Pazo, Germa Pérez, Manuel Gómez, Marta Pazo, Miguel Enríquez, Miguel A. Pazo, Merchi Rodríguez, Román Bugarín, Samuel Otero, Secundino Domínguez e Candela Souto.
- Duración: 70 minutos
- Sinopse: esta comedia satírica escrita por Friedrich Dürrenmatt.achéganos a liorta na que meten un asneiro e un dentista pola sombra dun burro.
Xoves 4 ás 21 h San Fins de Rebordáns con "A familia"
- Dirección: Laura Villaverde
- Elenco: Antonia Novás, José Álvarez, Juana Dávila, Concepción Pereira, Mª Isabel González, Álvaro Iglesias, Concepción Costa, Angela Oliveira e Katia Rocha nesta comedia.
- Duración: 60 minutos
- Sinopse: A obra, escrita por Laura Villaverde, relata o que acontece cando a familia Perillo vende un monte de madeira e decide repartir os cartos cos seus fillos emigrados que deberán vir a Galicia para recibir a súa parte.
<\p>
Venres 5 ás 21 A Insua de Caldelas con "Os montesecos e os capulletos"
- Dirección: Sofía González Durán
- Elenco: Consuelo Besada Gándara, Gabriel López González, Josefa Carrera Núñez, María del Mar Alonso Ubiña, Rosa María González Núñez, Sofía Pimentel Fernández e Vanesa Villar Costa.
- Duración: 50 minutos
- Sinopse: esta comedia, escrita por Sofía González Durán, está inspirada en “Romeo y Julieta” de Shakespeare ofrecendo unha visión do amor máis actual e menos torturadora, que convida a cuestionar o amor encorsetado sen contemplar que é diverso, que hai moitas clases de amor, e que o amor é libre.
<\p>