XIV Festa do Miño

O sábado, 15 de agosto, celébrase na rúa Compostela a XIV Festa do Miño.
Participarán cos seus postos a Asociación Cultural Cristo da Agonía de Baldráns, a Banda de Gaitas Guillarei de Guillarei, a Asociación Cultural Laxes de Paramos, a Asociación O Mosteiro de Pesegueiro, a Asociación de Riomuíños, a Asociación de San Bartolomeu, a Asociación Cultural Seixos Albos de Areas, a Asociación do Traxe Tradicional, a Comisión Virxe das Dores de Guillarei e a Asociación Cultural Xuntanza de Randufe.
Da man destas dez asociacións culturais dende ás 20 h poderanse degustar, a prezos que oscilan entre o 1 e os 4 euros, gran variedade de produtos. Así haberá tortilla, empanadillas, empanada, empanada de millo, bocadillos variados, brocheta, minipizzas, croquetas, quiche, arepas, trenza de xamón e queixo, … e de sobremesa biscoito, bica, tarta de queixo, rosquillas, macedonia, tartas de mazá, de tres chocolates, de piña ou de améndoa, leite frita,…
Non faltará a música coa actuación dende ás 20 h da charanga tudense A Tu Ritmo, continuará ás 21.30 h con Fanfarria Taquikardia e para o fin de festas, ás 23 h, contarase con Mekánica Rolling Band.




