XII Festa Gastronómica

Data:
17/08/2024
Lugar:
Rúa Compostela
A gastronomía local e tradicional será a gran protagonista o sábado, 17 de agosto, na rúa Compostela coa celebración da Festa Gastronómica dentro da XII Festa do Miño organizada polo Concello de Tui.
A XII Festa Gastronómica celebrase na rúa Compostela o sábado, 17 de agosto, de 20 h a 00.30 h.
As asociacións participantes serán Aloia de Pazos de Reis, Cristo da Agonía de Baldráns, Darraia de Tui, Laxes de Paramos, Lembranzas da Terra de Guillarei, O Mosteiro de Pexegueiro, Paramos, San Bartolomé, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Seixos Albos de Areas, Traxe de Tui, e Xuntanza de Randufe.
Amais dos postos gastronómicos contarase coas actuacións de Circo Krasnovarak, Fanfarria Taquikardia e Festicultores.