XII Eurocidade BTT

O domingo 9 de marzo celebrarase a XII Eurocidade BTT organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.
Haberá dúas distancias, unha curta de 45 qm e unha longa de 75 qm, que se poderá elixir no momento da proba. Trancorrerá por unha contorna espectacular con patrimonio, natureza, conxuntos históricos entre dous países. Presentará novos percorridos con respecto a edicións anteriores.
A participación limítase a 1.200 persoas. A inscrición abre o domingo 2 de febreiro cos seguintes precios:
- Precio Federados:
- 12€ ata o 23 de febreiro
- 17€ desde o 24 de febreiro ata o 2 de marzo ou completar inscricións.
- Precio Non Federados:
- 24€ ata o 23 de febreiro
- 29€ desde o 24 de febreiro ata o 2 de marzo ou completar inscricións
A inscrición inclúe seguro de accidentes e RC, agasallos, lavado das bicis, duchas de auga quente, avituallamento, dous tipos de rutas, aparcamento, etc.
Ao rematar non faltará a cita gastronómica con porco ao espeto cun prezo de 12€ comida e bebida 12€, limitado a 350 comensais.
Pódese ampliar esta información e realizar a inscrición en https://biciosos.gal/.