Vive o Camiño: Celso F. Sanmartin e MJ Pérez

Data:
30/08/2018
Lugar:
Praza de San Fernando
O ciclo “Vive o Camiño” organizado polo Xacobeo recala en Tui, punto de entrada dos peregrinos a Galicia dende Portugal. O xoves, 30 de agosto, ás 21.00 h na Praza de San Fernando o poeta e contacontos Celso F.Sanmartin “Celsiño” achegará ao público relatos, historias e memorias vinculadas á tradición oral galega. Mentres a cantautora MJ Pérez na súa actuación fusionará estilos musicais nunha interpretación na que a súa voz, e mensaxe toman relevancia.
*En caso de choiva celebrarase na Área Panorámica