Visitas Guiadas Coñece O Noso Patrimonio

Data:
22/08/2023
Lugar:
Tui
Ata o 25 de agosto ten lugar o programa de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración da concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.
O obxectivo desta actividade é realizar un achegamento a diversos espazos patrimoniais da man persoas especialista en distintas ámbitos e pertencentes ao Instituto de Estudos Tudenses.
Inscrición
O aforo das visitas está limitado, polo que é preciso inscrición previa enviando un correo a biblioteca@tui.gal co nome, apelidos, e teléfono de contacto. É preciso enviar unha mensaxe por cada ruta na que a persoa se desexe inscribir indicando no asunto o día da ruta elixida.
Programa de visitas
- Mércores, 9 de agosto. 20.30 h
- “Igrexa de San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco” guiada polo historiador José Ramón Fernández Fernández.
- Inicio no adro na igrexa de San Domingos
- Luns, 14 de agosto. 20.30 h
- “O barrio histórico de Riomuíños” guiada polo historiador Suso Vila
- Inicio no Lavadoiro de Riomuíños
- Martes, 22 de agosto. 20.00 h
- “A Catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico” acorrerá a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Marta Cendón Fernández.
- Inicio na Praza de San Fernando
- Venres, 25 de agosto. 20.00 h
- “As murallas de Tui” guiada polo arqueólogo Juan José Perles Fontao.
- Inicio na Praza de San Fernando
- Inscrición previa enviando un correo a biblioteca@tui.gal co nome, apelidos, e teléfono de contacto. É preciso enviar unha mensaxe por cada ruta