Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui

Data: 
11/06/2021
Lugar: 
Arquivo Municipal de Tui

O venres, 11 de xuño, ás 12 h terá lugar unha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui. Con esta actividade o arquivo tudense súmase ás conmemoracións da Semana Internacional dos Arquivos, que este ano se celebra co lema "Empederar aos arquivos".

Na visita guiada os participantes poderán coñecer as instalacións do arquivo, situadas na casa do concello,  e unha escolla dos seus fondos.

As persoas interesadas en participar deben realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico: arquivo@tui.gal. As prazas son limitadas e se cubrirán por rigoroso orde de inscrición. As inscricións realizaranse con carácter individual.