Visita cultural Arquitectura Educativa en Tui
Data:
18/11/2017
Lugar:
Saída da Praza da Inmaculada
O sábado, 18 de novembro, 19.15h, sae dende a praza da Inmaculada unha nova visita cultural gratuíta para realizar un percorrido aproximado de 60 minutos pola “Arquitectura educativa en Tui”. Os asistentes a esta visita poderán coñecer o patrimonio educativo tudense vinculado aos edificios que se construíron con uso educativo durante o século XIX coma a Escola de Nenas e o Colexio de Primeiras Letras, ambos na rúa Sanz, o edificio dos Estudos de Gramática que actualmente ocupa o albergue de peregrinos, ou o Seminario Menor. O percorrido irá, tamén, por outras rúas con inmobles que aínda que foron construídos con outra finalidade tiveron igualmente uso escolar.
Visitas Culturais
- Sábado, 18 de novembro, ás 19.15h “Arquitectura educativa en Tui”.
- Punto de saída: praza da Inmaculada
- Duración: 60 minutos aproximadamente