VIII Travesía a nado da Eurocidade

Data:
4/08/2018
Lugar:
Río Miño
O sábado, 4 de agosto celebrarase a VIII Travesía a Nado da Eurocidade Tui-Valença. Unha proba que este ano terá carácter popular cunha distancia de case 1000 metros entre o Cais de Valença e a praia da Mariña en Tui.
- Saída: ás 11 hora española coincidindo coa pleamar.
- Inscrición: de balde, está aberta ata o propio 4 de agosto ás 10 hora española a través da web acuaticasminho.com.
- Todos os participantes serán agasallos cunha camiseta conmemorativa. Para participar é obrigatorio o uso de gorro de natación, e está permitido o uso de aletas e neopreno.
- Organiza: Eurocidade Tui-Valença xunto a Actividades Actuáticas Minho SLU, coa colaboración do club Natación Baixo Miño, os Bombeiros Voluntarios de Valença e Actividades Aquáticas Alto Minho.