Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo

Data: 
24/10/2021
Lugar: 
Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez”

O Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez” de Tui acolle o domingo, 24 de outubro, o VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo. A competición está organizada polo Club de Baile Deportivo Pasos-Bailegalicia coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.  Será amais Campionato Galego de Danza Coreográfica e é puntuable para o Circuíto  Nacional da Federación Española de Baile Deportivo (FEBD).

Será a partir das 11:30 h e até as 19.00 horas nas modalidades Standard (Valse Inglés, Tango, Valse Vienés, Slow Fox e Quickstep) e Latinos (Samba, Cha-cha, Rumba, Pasodobre e Jive).

Dende as 16.00 horas celebrarase o Campionato Galego de Danza Coreográfica (Baile Deportivo en Grupo) onde competirán 20 grupos de toda Galicia. 

As entradas teñen un prezo de 7 € (5 € maiores de 65 anos, nenos menores de 12 anos gratis).