VII Torneo de Balonmán Eurocidade Tui-Valença

Data:
17/08/2019
Lugar:
No novo pavillón de Tui
O sábado, 17 de agosto, ás 20.30 h hora española celebrarase no novo pavillón municipal de Tui o VII Torneo de Balonmán da Eurocidade. Van competir o Acanor Atlético Novás do Rosal co ABC Braga Universidade do Minho.
Previo a este encontro, ás 18 horas, o equipo sénior do Club Balonmán Tui xogará contra o equipo B do Acanor At. Novás.