Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Verán Cultural - Xullo

Data: 
3/07/2026
Lugar: 
Tui

A programación do verán cultural 2026 en Tui ofrece no mes de xullo tradición, música, cinema, folclore,... estes son os actos previstos

Do venres 3 ao domingo 5 de xullo

  • Festival da Cultura Tradicional e Folk de Tui 
    • O venres 3 ás 20 h inaugúrase a exposición “Abrindo as Huchas da Bisbarra de Tui” no Espazo Sociocultural, acompañada dun concerto didáctico a cargo de Luis Prego.
      • Pode visitarse até o domingo 5
    • O sábado 4 ás 21.3 h celebrarase o XI Certame de Gaita e Tamboril xunto ao Concerto de Xisco Feijoo na Praza San Fernando.
    • O domingo 5 ás 2.30 h terá lugar a clausura do festival o XI Día da Muíñeira de Tui no Paseo da Corredoira.

Venres 3

  • Ás 22.30 h proxección de Flow, película de animación recomendada para a infancia
  • Na Praza de Frómista
  • 150 prazas

Venres 10

  • Ás 22.30 h proxección de Rondallas, de Daniel Sánchez Aréval
  • Na Praza de Frómista
  • 150 prazas

Do xoves 16 ao domingo 19 

  • IKFEM, 14º Festival Tui-Valença volve converter a fronteira nun espazo de encontro cultural entre Galicia e Portugal.
  • O xoves 16, Wöyza coa colaboración especial de Emmy Curl inaugura as noites na Alameda de Santo Domingo.
  • O venres 17 será a quenda de António Zambujo con Uxía nas Cortinas de São Francisco de Valença.
  • O sábado 18 celebrarase a Ponte Creativa & Enogastronómica con 30 expositores de arte, artesanía, xoiaría e gastronomía e un programa de concertos que se estende de mediodía á medianoite, con artistas como Hall Still Echoes, Sheila Patricia, Julián Maeso, Monçao Brass, Best Boy, Maria João Soares e La MMarca, gañador do concurso Novas Ondas Sonoras 2025, e actuación de Señora Dj.
  • O domingo 19, Borja Niso interpreta Ludovico Einaudi Esencial con Rosa Cedrón e o Coro Infantil na Alameda, e previamente na Catedral terá lugar o Concerto Homenaxe polo 800 Aniversario da Catedral de Tui a cargo de Elsa Roldán e David Maceira. Toda a programación está xa dispoñible en ikfem.com.
  • Entradas en ikfem.com

Sábado 25

  • No programa Cultura no Camiño
  • Na Igrexa San Domingos.
  • Ás 20.30 h dúo DOA, formado por Susana de Lorenzo e Xoán Piñón, con Fran Castro como artista invitado.

Domingo 26

  • No programa Cultura no Camiño
  • Na Alameda de San Domingos
  • Ás 20.00 h a Compañía Marta Alonso Tejada presenta SOFÁ. É un espectáculo de danza-teatro-circo con música en directo.

Martes 28

  • No Parque do Laxal en Rebordáns
  • Ás 21.30 Noite Internacional do Miño 
  • Participan grupos de Indonesia, Francia, Perú e Letonia.