Tui, Patrimonio Natural
Data:
30/06/2024
Lugar:
Tui
Rutas de natureza polo Concello de Tui
Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño.
Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño
- Domingo, 28 de abril, ás 10 h dende a praia da Mariña, no Paseo Fluvial.
- Conducida por dous guías da Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO Birdlife. Na mesma contarase con prismáticos, dous telescopios terrestres e unha guía de especies para observar as aves.
- Duración estimada é de 3 horas e media.
- Ofértanse 25 prazas.
- As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05. Poderase anotar a persoa solicitante e un máximo de tres acompañantes. No momento de cubrir as 25 prazas ofertadas crearase unha listaxe de agarda.
XX Andaina Solidaria Tudense
- Sábado 4 de maio saída ás 9 h dende a rúa Olímpicos Tudenses
- Percorrido de 24 quilómetros até o cumio do Aloia e regreso ao centro de urbano
- Organizada polo Club Andatui coa colaboración do Concello de Tui.
- A inscrición está aberta até o martes 30 de abril en www.andatui.es cun prezo de 12€.
Río Miño, patrimonio natural (Paseo en barco)
- Domingo, 5 de maio, consistente nun paseo en barco, en colaboración con Río Miño en Barco.
- Haberá dúas viaxes ás 11 h e ás 12 h cun prezo de 6€ por persoa.
- Vai especialmente dirixido a familias, e ao coincidir co Día da Nai haberá un detalle para as nais.
- Neste caso a inscrición debe realizarse en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20.
Senda do río Furnia
- Sábado 11
- Tramo na parroquia de Malvas, con visita á exposición de esculturas de Rai, á igrexa de Malvas, ao aserradoiro e aos muíños da contorna
- Domingo 12
- Tramo na parroquia de Pexegueiro con visita á empresa Trigo y Limpio dedicada á produción de trigo callobre e á elaboración de fariña de trigo natural, xunto á igrexa de Pexegueiro, á ponte do Mosteiro e ao Camiño Real.
Roteiro pola Zona de Especial Protección dos Valores Naturais Rede Natura
- APRAZADA Domingo 19 de maio dende Centro Cultural de Ribadelouro
- Contará cunha actuación musical.
Roteiro da Pedra Santa e río Lagartón
- Sábado 25 de maio ás 10 h dende a Ponte na Veiga do Louro
- Contará cunha actuación musical.
- Guiada por José Martínez Tato
Trilho da Fortaleza
- Forma parte do calendario de andainas da Eurocidade
- Domingo 26 de maio.
- A inscrición, cun prezo de 6€, debe realizarse en andatui.es.
Senda Botánica con A Fada do Aloia
- Sábado 1
- Inicio ás 10 h no aparcamento situado nas inmediacións do Centro de Interpretación
- Dificultade doada
- Guía: A Fada do Aloia
- Inscrición: turismo@tui.gal
Roteiro Literario pola beira do Miño
- Sábado 8
- Inicio: Centro Interfederado – 10,00 h.
- Guía: Rafael Sánchez Barguiela
- Colaboración do programa “Mes das Letras” da Biblioteca Municipal
Andaina polo río Furnia
- Domingo 9
- Trilhos da Eurocidade 2024
- Inicio: Igrexa de Malvas ás 10:00h
- Prezo: 6 euros
- Inscrición: https://www.andatui.es/andainas-da-eurocidade/
- Información en: caminhadas.andainas@gmail.com
Roteiro polos Muíños do Tripes
- Domingo 16
- Saída ás 10 h dende a area recreativa de Circos
- Muiñada e degustación de papas de millo
- Custe: de balde
- Inscrición: turismo@tui.gal
- Guia: Cristian Lago
- Colabora Asociación Muiñeiros do Tripes
Roteiro urbano polos xardíns ocultos da cidade
- Domingo 23
- Inicio: 10:00 h.
- Inclue degustación dos peixiños das monxas no xardín do convento das clarisas.
- Inscrición: turismo@tui.gal
- Guía: Suso Vila
Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño
- Domingo 30
- Saída ás 10 h dende A Lagoa de Caldelas
- Duración: 3 h30 min
- Inscrición: turismo@tui.gal
- Guiada por Lorena Franco de Biophilia
- Aportarase material óptico (prismáticos), guías de aves ilustradas.
Inscrición
As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05, coa salvidade de que para a ruta en barco a inscrición farase en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20, e para a XX Andaina Solidaria tudense e o Trilho da Fortaleza en andatui.es.