Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui en Letras 2022

Data: 
3/05/2022
Lugar: 
Tui

Catorce actividades conforman a programación de de nimación cultural e promoción da lingua galega "Tui en Letras" que se vai celebrar nos meses de maio e xuño.

 

Martes 3 de maio – sábado 11 de xuño

Exposición “Lebres como gacelas”

Sala Anexo – Sala Municipal de Exposicións

Martes 3 de maio

Inauguración exposición “Lebres como gacelas” da Deputación de Pontevedra

  • Recital de Lorena Conde e Miriam Ferradáns
  • Pezas musicais por instrumentistas do Conservatorio Municipal de Música de Tui
  • 20.00 h Sala Anexo – Sala Municipal de Exposicións

Martes 10 de maio

Contacontos “Olivia e o clarinete máxico” con Francisco Alvarez, Koki.

  • 17.30 h Biblioteca Municipal 

Xoves 12 de maio

Presentación libro Ernesto Iglesias Almeida: “Dicionario de palabras galegas

antigas, moitas delas en desuso, tomadas dos documentos medievais”

  • 20.00 h Edificio Francisco Sánchez (antiga Area Panorámica)

Xoves 19 de maio

“Corochas” con Xarope Tulú (contacontos para bebés)

  • 18.00 h Biblioteca Municipal 

XXIII FEIRA DO LIBRO GALEGO 

Domingo, 22 de maio, no Paseo da Corredoira

11 postos das librarías Espazo Lector Nobel e Iris

  • Ás 11.30 h Inauguración e pregón coa escritora Sonia Mirón
  • Ás 12.00 h sinatura de libros por Sonia Mirón
  • Ás 12.30 h “Caderno de cores e cancións” con Magín Blanco
  • Ás 12.30 h Sinatura de libros por Ernesto Iglesias Almeida
  • Ás 18.30 h "Os tres porquiños" con Bea Campos
  • Ás 19.30 h Sinatura de libros por Francisco Álvarez Koki

Martes 24  de maio

Contacontos “Historias desde o outro lado da raia” con Daniel Blanco Chapela

  • 18.00 h Biblioteca Municipal 

Xoves 26 de maio

Presentación do libro “No chão do Caminho – Contos” de María José Areal

  • 20.00 h Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Area Panorámica) 

Venres 17 de xuño

Ruta literaria pola cidade de Tui

  • 20.00 h Inicio na Biblioteca Municipal 

Venres 24 de xuño

CXXXI Aniversario dos Xogos Florais de Galicia

Recital poético

  • 20.00 h Praza de Frómista 
  • Recital poético con Marta Dacosta, Gonzalo Navaza, Lorena Conde, Marga do Val.
  • Música con Marta Quintana.