Trail do Aloia

O sábado 8 e o domingo 9 de febreiro celebrarase o Trail do Aloia organizado polo Club Atletismo de Tui e NOKAO, en colaboración co Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra.
O sábado 8, dende as 16.30 h, celebrarase o Aloia Kids Trail para nenos e nenas de 0 a 14 anos. A participación será gratuíta. Haberá distintas categorías en función da idade dos e das participantes:
-
Baby ( 0 a 4 anos) 100 metros.
-
Baby power (5 a 8 anos) de 700 metros
-
Baby rocket ( 9 a 11 anos) 1000 metros
-
Baby Warriors ( 12 a 14 anos) 1.200 metros.
Todos os participantes levaran un agasallo ao remate do Trail.
O domingo 9 de febreiro terá lugar o Trail do Aloia con dúas distancias.
-
Ás 10.00 h Gran Trail (maiores de 16 anos) 20 quilómetros
-
Ás 10.30 h Speed Trail (maiores de 15 anos) de 10 quilómetros.
A inscrición xa está aberta na páxina web da proba traildoaloia.com. As persoas interesadas poden anotarse até o 7 de febreiro. Os prezos na proba de 10 quilométros son de 16 euros até o 2 de febreiro e de 18 euros ata o peche da inscrición. Na de 20 quilómetros, o prezo é de 20 euros e de 22 para os que agarden aos últimos días de inscrición.