Tarde benéfica de música e humor no Teatro Municipal de Tui

O sábado, 16 de novembro, ás 20 h o Teatro Municipal de Tui acolle a Gala Benéfica organizada por Protección Civil de Tui que contará coa actuación do monologuista Damián Alonso e do grupo tudense Toke de Queda. Será a favor de favor de ACEESCA e Galiclown, Pallasos de Hospital.
O evento abrirase co monólogo de Damián Alonso, que na presentación explicou que “para mín é unha honra participar nesta gala benéfica” engadindo que “estaremos no medio da xente que traballa coa solidariedade todos os días do ano coma Protección Civil, ACEESCA e Galiclown”.
Logo será a quenda a música coa interpretación de versións e temas propios por parte do grupo tudense, cuxos integrantes formaron parte xa doutras agrupacións coma Sin Palabras ou Esquecidos coma explicaba Juan Vázquez. Engadiu que “un pracer colaborar neste evento porque así realizamos a nosa aportación a estes dous colectivos”. Entre as actuacións haberá sorteos de agasallos doados por distintas casas colaboradoras.