Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tanxarina Títeres con A cazola de Lola

Data: 
28/10/2022
Lugar: 
Teatro Municipal

A cazola de Lola’, da compañía Tanxarina Títeres será a proposta para o venres 28 de outubro en Tui ás 19.30 h no Teatro Municipal. Interpretado por Eduardo Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez, conta a historia do cazo que Lola sempre arrastra. Un día, caiulle enriba. Non sabe moi ben por que pero dende entón Lola xa non é como os demais. Necesita moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. 

  • Dirección e adaptación : Tanxarina e Cándido Pazó
  • Elenco: Eduardo Cunha “Tatán“ , Miguel Borines e Andrés Giráldez
  • Escenografía e Construción de bonecos: Pablo Giráldez “Pastor“ e TANXARINA
  • Música: Ailén Kendelman
  • Asesoría escénica: A Panadaría(Areta Bolado, Noelia Castro e Ailen Kendelma)
  • Voz en off: Areta Bolado
  • Vestiario: Carlos Alonso
  • Técnica: Técnica mixtas
  • Duración: 50 minutos
  • Público: + 3nos
  • Prezos: 4€ e 3€