Talía Teatro con Morte accidental dun anarquista

Data:
7/10/2022
Lugar:
Teatro Municipal da Área Panorámica
Talía Teatro interpretará, o venres 7 de outubro ás 21.30 h no Teatro Municipal unha adaptación da clásica obra do italiano Darío Fo, ‘Morte accidental dun anarquista’. Nela se tratan os sucesos reais ocorridos nos Estados Unidos en 1921, e que teñen inspiración nas circunstancias que rodearon a morte do ferroviario Giuseppe Pinelli en Milán un ano antes da estrea da obra orixinal. Esta adaptación da compañía de teatro é integramente en galego, está dirixida por Candido Pazó e interpretada por Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos.
- Autor: Dario Fo
- Dirección: Cándido Pazó
- Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos
- Escenografía e iluminación: Dani Trillo
- Música: Manu Abraldes
- Idioma: Galego
- Duración: 100 minutos
- Xénero: Comedia
- Recomendada: + 12 anos
- Prezos: 8€ e 6€.
Entradas