Semana Santa 2023

Data:
26/03/2023
Lugar:
Tui
A Semana Santa en Tui conta cunha tradicion secular e un alto valor como recurso turístico que atraer a numerosos visitantes durante estes dias. A continuacion figura o programa da Semana Santa 2023.
DOMINGO 26 DE MARZO
- 18:00 horas. Pregón da Semana Santa. Capela das Reliquias da S. I. Catedral
- A cargo de D. Avelino Bouzón Gallego, cóengo e director do Arquivo Catedral.
- Pequeno concerto a cargo de Cristina Gómez Crespo, profesora de óboe, y Gabriel Silvera Marcoff profesor de guitarra do Conservatorio Municipal de Música de Tui.
- Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui.
- Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.
DOMINGO 2 DE ABRIL. DOMINGO DE RAMOS
- 11:00 h. Bendición de ramos. Praza de San Fernando.
- A continuación procesión e Santa Misa na S. I. Catedral.
MÉRCORES 5 DE ABRIL. MÉRCORES SANTO.
- 12:00 h. Misa Crismal na S. I. Catedral
- Presidida polo Bispo da diocese e concelebrada polo presbiterio diocesano. Bendición dos óleos que se empregan na administración dos sacramentos nas parroquias durante o ano e renovación polos presbíteros das súas promesas sacerdotais.
XOVES 6 DE ABRIL, XOVES SANTO
- 19:30 h. Misa Vespertina da cea do Señor na S. I. Catedral
- 19:00 a 23:00 h. Visita aos Monumentos
- Tradicional percorrido polos seguintes lugares: S. I. Catedral, Igrexas das Monxas Clarisas, Igrexa de San Telmo e igrexa de San Bartolomeu. Na Capela da Misericordia visítase a representación do Horto das Oliveiras.
- Debido ás obras na rúa Antero Rubín neste ano non é posible visitar a Capela da Residencia San Telmo e a igrexa de San Domingos.
- 23:00 h. Hora Santa na S. I. Catedral
VENRES 7 DE ABRIL, VENRES SANTO
- 11:00 h. Sermón do Encontro e procesión dos pasos.
- Saída dos pasos dende a Capela da Misericordia até a Praza de San Fernando onde terá lugar o Sermón do Encontro, a cargo de D. Ángel Carnicero Carrera, reitor do Seminario Maior “San Xosé”. A continuación procesión polas rúas da cidade.
- Organiza: Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia. Colabora: Asociación de antigos voluntarios de Protección Civil de Tui.
- 18.00 h. Celebración da Paixón do Señor na S. I. Catedral
- 20:00 h. Sermón do Desencravo e procesión do Santo Enterro
- Debido ás obras na rúa Antero Rubín trasládase este Sermón á Catedral.
- Sermón do Desencravo a cargo de D. Samuel Montes Costas, formador do Seminario Maior “San Xosé”.
- A continuación Procesión do Santo Enterro polas rúas da cidade ata a igrexa parroquial de San Francisco.
SÁBADO 8 DE ABRIL, SÁBADO SANTO
- 08.00 h. Procesión de Nosa Señora da Soidade
- Saída dende a Igrexa de San Francisco ata a S. I. Catedral.
- A continuación sermón a cargo de de D. Ángel Carnicero Carrera, reitor do Seminario Maior “San Xosé”.
- 20.00 h. Solemne Vixilia Pascual na igrexa parroquial de San Francisco.
DOMINGO 9 DE ABRIL, DOMINGO DE PASCUA DE RESURRECCIÓN
12.00 h. Misa Pascual na S. I. Catedral presidida polo Bispo da diocese.